lunes, 25 de marzo de 2013

Unha galiña roxa, unha boa e unha muller extravagante ...

Hai algunhas semanas recibimos a visita de Patricia e Alex, os contacontos de kalandraka.

Eles presentáronnos a Loreto, unha muller ocorrente, disparatada e extravagante. Calquera
cousa pode resultar útil nas súas mans, por iso, como por arte de maxia, de todos os recunchos do seu abrigo saen xeados, bucinas ou sombreiros.

Pero Loreto non veu soa. A maleta dos contacontos tamén traía a Críctor e a unha galiña moi traballadora...

 

Título: Os petos de Loreto
Autor: Quentin Blake
Editorial: Kalandraka


Con este libro, traemos ata o noso blogue a QUENTIN BLAKE, coñecido debuxante, sobre todo por ilustrar moitos dos libros dun autor maravilloso: ROALD DAHL
Aquí vos deixamos un par de  videos con moitos debuxos deste recoñecido ilustrador. Disfrutádeo!!